Advertidos erros no texto do antedito acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 83, do 30 de
abril de 2003, cómpre efectua-las oportunas correccións:
Na páxina 5.514, punto 3.8, onde di: «a superación da primeira fase», debe dicir: «a obtención de trinta ou máis puntos na primeira fase», e onde di: «e a superación da terceira fase», debe dicir: «e a obtención de trinta ou máis puntos coa suma da segunda e terceira fase».
Na páxina 5.514, punto 1 «Experiencia profesional» do anexo III, na quenda de promoción interna, onde di: «1 punto», debe dicir: «0,5 puntos».
Na páxina 5.514, punto 2 «Formación continuada» do anexo III, engádese o punto seguinte: «De 1 a 20 horas: 0,25 puntos».