Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na sesión do día 7 de abril de 2003, acordou someter a información pública o proxecto de compensación da unidade de execución número 14 (U-14) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1)-Castrón Douro, promovido por Inversiones Iglesias García, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 8.2º do Real decreto 1093/1997, o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde