Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.994

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración e implantación no Concello de Santiago de Compostela dun sistema informatizado de rexistro de entrada e saída e dun sistema de xestión de expedientes para Urbanismo, Secretaría Xeral e Contratación.

Tipo de licitación: 90.000 euros IVE incluído.

Prazo de execución: as prestacións que son obxecto deste contrato inciaranse a partir da data de formalización deste e da recepción da información necesaria para o comezo dos traballos, segundo o calendario proposto. O prazo de execución será como máximo de 12 meses.

O material contratado subministrarase no termo máximo de 3 semanas, contado, igualmente, desde a data de formalización do contrato.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderá presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de quince días naturais, contados desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación e información: Concello de Santiago de Compostela. (Sección de Contratación). Teléfono 981 54 30 33. Fax 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 14 do prego de condicións económico-administrativas.

Garantía provisional: 2% do tipo de licitación: 1.800 euros.

Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o segundo

día hábil seguinte, non sábado, á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde