Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA de 8 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 130/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data 10 de marzo de 2003, o director xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade dictou resolución do expediente sancionador nº 130/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de

Sanidade da Coruña a Ramiro Pérez Méndez, Pastelería A Xeitosa.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Ramiro Pérez Méndez, Pastelería A Xeitosa o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte á publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta Dirección Xeral de Saúde Pública, sita na rúa San Lázaro s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia do mesmo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia cta. contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX e, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta Dirección Xeral de Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

Manuel Barral Castro

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO

Nº expediente: 130/2002.

Denunciado: Ramiro Pérez Mendez, Pastelería A Xeitosa.

DNI/NIF: 32624666-V.

Último enderezo coñecido: Cristobal Colón, 40-42, Narón.

Feito imputado: continua-la actividade estando cesada.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35 B) 4º da Lei 14/1986.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: 3.005,07 A (tres mil cinco euros con sete céntimos).