Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Sidegasa 220/66 kV, posición de liña P.E. Serra da Loba no termo municipal de Teixeiro (A Coruña). (Expediente 31667, ampliación 2002).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domi

cilio para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data 25 de xaneiro de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Ampliación da subestación de Sidegasa 220/66 kV, no concello de Teixeiro, consistente en:

-Unha nova posición de liña a 66 kV, equipada con toda a paramenta precisa para 66 kV, así como as instalacións de protección, telemedida e telemando.

Segundo.-A Delegación Provincial da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 5 de abril de 2002, publicada no DOG do 16 de maio, no BOP da Coruña do 2 de maio, e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus arts. 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas.

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la ampliación da subestación de Sidegasa 220/66 kV, posición de liña P.E. Serra da Loba no termo municipal de Teixeiro (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas