Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.982

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da ampliación da subestación de Sada 132/15 kV no termo municipal de Sada (A Coruña). (Expediente IN407A 02/275).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificación na avda. de Arteixo 171, 15707 A Coruña, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data 30 de xullo de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presentando o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Ampliación de potencia da subestación de Sada, no concello de Sada, consistente en:

-Substitución do transformador de 15 MVA por outro de 20 MVA.

-Ampliación con outro transformador de 20 MVA e a súa posición de 132 kV e 15 kV. Cela de 15 kV.

Segundo.-A Delegación Provincial da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, a trámite de información pública mediante Resolución do 11 de setembro de 2002, publicada no DOG de 15 de outubro, no BOP da Coruña do 15 de outubro, e na Delegación Provincial da Coruña.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan a bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu o informe favorable pola Delegación Provincial da Coruña.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus arts. 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la ampliación da subestación de Sada 132/15 kV no termo municipal de Sada (A Coruña).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Consellería de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas