Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.922

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de maio de 2003 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Delegación Provincial de Pontevedra en Vigo.

Por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 22 de febreiro de 2002, publicado no DOG nº 41, do 26 de febreiro, apróbase o plan de racionalización de efectivos do novo edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

A experiencia acumulada neste ano pon de manifesto a necesidade de adecua-la actual relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

En consecuencia, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Sectorial de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8 de maio de 2003, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da devandita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de maio de 2003, relativo á modificación da relación de postos de tra

ballo da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais

e Administración Pública