Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.922

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 249/2003, do 27 de marzo, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co disposto nos artigos 4 e 5 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e no artigo 7 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e atendendo á designación formalizada pola Confederación Galega de APAs de Centros Públicos (Confapa Galicia), e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintesete de marzo do dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como membro do Consello Escolar de Galicia en representación dos pais de alumnos do ensino público, Concepción Sánchez Curros (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos-Confapa Galicia).

Artigo 2º

Noméase membro do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas nos artigos da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, en representación dos pais de alumnos do ensino público proposto pola Confederación Galega de APAs de Centros Públicos-Confapa Galicia, Alfonso Moreno Mora.

Artigo 3º

O mandato será ata que se proceda á legal renovación por metades que establece o artigo 9 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de marzo de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria