Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador AG-SA-147/2002-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona a resolución dictada no expediente do 13-3-2003, por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Para os efectos previstos no artigo 21 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de conformidade co establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 2 de abril de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-147/2002-PO.

Denunciado: Camilo Figueroa Figueroa.

Ultimo enderezo coñecido: San Xoán, 188, Freixo, Valadares, Vigo.

Feito denunciado: falta de identificación dunha res bovina.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 5 do Real decreto 1980/1998, do 18 de setembro.

Precepto sancionador: artigo 3 do Real decreto lei 8/2001, do 6 de abril.

Sanción: 200 euros.