Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.903

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador SAN-PO-22/2003-MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador por infracción ó Regulamento de epizootias, Decreto do 4-2-1955, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a José María Muíños Mayoral e secretaria a María Magdalena Santiago Pereira.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 58 da devandita Lei de réxime xurídico das administraciónes públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Concédeselle ó interesado un prazo de quince días, para que poida examina-lo expediente así como formula-las alegacións que estime axeitadas, conforme

o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, xa que de non efectua-las alegacións no prazo indicado, o acordo de incoación poderá ser considerado como proposta de resolución.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: SAN-PO-22/2003-MP.

Denunciado: Ebba María Rodríguez Estévez.

Ultimo enderezo coñecido: Hermida, 64, Marcón, Pontevedra.

Feito denunciado: non corresponde-lo destino dos animais co reflectido na guía de orixe e sanidade pecuaria.

Data do acordo de incoación: 24-2-2003.

Preceptos infrinxidos: incumprimento da Lei 50/1998, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social.

Precepto sancionador: artigo 103 do Decreto 355/1994, do 2 de decembro.

Sanción: 1.200 euros.