Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.828

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

EMPRESA MUNICIPAL DA VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, S.A.

ANUNCIO de licitación.

Obxecto: concurso público para adxudicación de contrato de consultoría e asistencia técnica para a redacción do proxecto de urbanización do polígono 1 do Plan parcial do SUP-2 Cornes e para dirección de obra.

Tipo máximo de licitación: 97.718,40 euros (IVE incluído).

Prazo de presentación de proposicións: 20 días hábiles.

Pregos de condicións: á disposición dos interesados nas oficinas de Emuvissa, na rúa do Vilar, 67-2º, Santiago de Compostela. Teléfono 981 58 26 76.

O custo deste anuncio será a cargo do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Presidente do Consello de Administración