Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO do 29 de abril de 2003, do concurso, por procedemento aberto, para a subministración que se cita.

1. Entidade adxudicadora: Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social, Inludes.

2. Obxecto: subministración de equipamento de mobiliario e elementos técnicos para instalación de cociña e barra do Centro de Interpretación Terras do Miño.

3. Orzamento: trinta e nove mil douscentos trinta (39.230) euros.

4. Prazo de entrega e instalación: 1 mes desde a data de adxudicación.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación depositada na Tesourería do Inludes.

6. Información: Oficina de Apoio.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, a partir do seguinte á publicación do presente extracto de anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación para presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares.

c) Rexistro xeral do Inludes, de 10 a 14 horas.

8. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

O texto íntegro do presente anuncio figura publicado no BOP nº 97, do 29 de abril de 2003.

Lugo, 29 de abril de 2003.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo

EMPRESA MUNICIPAL DA VIVENDA E SOLO DE SANTIAGO

DE COMPOSTELA, S.A.