Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.793

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 7 de maio de 2003 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios esenciais durante a folga de carácter indefinido convocada polos traballadores de empresas auxiliares do Complexo Medioambiental de Cerceda, e que comezará o vindeiro día 9 de maio de 2003.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece como dereito fundamental da persoa o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas, que presten servicios públicos ou de recoñocida e inaprazable necesidade no ámbito e competencias da Cominidade Autónoma de Galicia, está condicionada ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que que dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma. O artigo 3 deste decreto faculta os conselleiros competentes por razóns dos servicios esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o

mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios así como para a fixación do persoal preciso para a súa prestación, oído o comité de folga.

A Lei 10/1997, do 10 de abril, de residuos, dispón no seu artigo 29 que corresponderá á Sociedade Galega do Medio Ambiente a xestión dos residuos sólidos urbanos a partir do momento en que son depositados nas estacións de transferencia ou plantas de tratamento, previstas no Plan de Xestión, coas conseguintes operacións de transporte, almacenamento, valorización, tratamento, comercialización e depósito controlados dos residuos. Neste sentido, engade o seu parágrafo segundo que toda a xestión de Sogama realizarase de xeito que se garante o cumprimento de tódolos obxectivos recollidos no artigo 2 desta lei, para o que deberá concerta-las súas accións coas dos xestores que interveñan nas fases iniciais do proceso. Na actualidade a Sociedade Galega de Medio Ambiente xestiona diariamente os residuos de 180 concellos de Galicia, o que supón unha media diaria de residuos de 1.600 toneladas. Polo volume de residuos que se transportan e xestionan diariamente, a parada da actividade pode

provocar serios problemas de salubridade e ambientais a nivel autonómico con consecuencias imprevisibles.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicicos esenciais, obriga a Administración Autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixa-los servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican nesta orde, logo da audiencia ó comité de folga.

Coa fixación dos servicios mínimos previstos nesta orde mantense o funcionamento ó mínimo técnico das instalacións, o que permite non comprometer no esencial a prestación do servicio público de xestión dos residuos.

Con base no anterior, e de conformidade co establecido na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño

DISPOÑO:

Artigo 1º

A convocatoria de folga que afecta os traballadores das empresa auxiliares do Complexo Medioambiental de Cerceda, que se iniciará ó vindeiro día 9 de maio de 2003, con carácter indefinido, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen a continuación:

-Planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible (PRTE):

Pulpista: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Operador de guindastre (axente circulación): 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Triadores: 2 en quenda de mañá e 2 en quenda de tarde.

Rondista: 1 por quenda.

Xefe de quenda: 1 por quenda.

Operadores planta: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Operador de pa: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Conductor: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Limpeza: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

-Bolsa amarela:

Encargado: 1 en quenda de mañá.

-Planta MER:

Operario: 2 en quenda de mañá, 2 en quenda de tarde.

-Planta de coxeración (PCOG)-Planta termoeléctrica (PTE):

* Comúns:

Xefe de quenda: 1 por quenda.

Operador: 1 por quenda.

Rondista: 1 por quenda.

Ensacado cinzas: 2 en quenda de mañá, 2 en quenda de tarde.

Conductor cinzas: 1 en quenda de mañá, 1 en quenda de tarde.

Escouras: 1 por quenda.

Retén: 2 por quenda.

* Depuradoras:

Operario: 1 por quenda.

* Control de accesos:

Control de accesos: 1 por quenda.

-Limpeza vestiarios comedor:

Peón limpeza: 1 en quenda de mañá e 1 en quenda de tarde.

Artigo 2º

A determinación dos efectivos necesarios e a designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios realizarase pola dirección das empresas auxiliares do Complexo Medioambiental de Cerceda.

Artigo 3º

O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2003.

José Manuel Barreiro Fernández

Conselleiro de Medio Ambiente