Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 80/2003, se acordou, por Resolución do 31 de marzo de 2003, citar
a María Luisa Jiménez Silva, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:
En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 80/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a María Luisa Jiménez Silva, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 16 de maio, ás 10 horas, compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoa de que, de non o verificar, recaerán sobre dela os prexuízos a que houber lugar en dereito.
A Coruña, trinta e un de marzo de dous mil tres.
A secretaria
Rubricado
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS
DE CARBALLO