Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Mércores, 07 de maio de 2003 Páx. 5.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (947/2002).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dá fe de que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 947/2002, se acordou, por Resolución do 7 de marzo de 2003, la citación de Antonio Gerpe Castiñeiras e María José Leis Pintos mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de primeira instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar número 947/2002, que se seguen neste xulgado, se acordou citar a Antonio Gerpe Castiñeiras e María José Leis Pintos, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 28 de abril de 2003, ás 10 horas, comparezan neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoos de que, de non o verificaren, recaerán sobre eles os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, 10 de marzo de 2003.

A secretaria

Rubricado