Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.697

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 8 de abril de 2003 pola que se acorda o alleamento da embarcación Punta Fisterra.

O buque Punta Fisterra é propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia, e está adscrito á Con

sellería de Pesca e Asuntos Marítimos, matriculado en Ferrol, folio 00002, lista 8ª.

A súa construcción foi adxudicada no seu día a Astilleros y Talleres Ferrolanos, S.L., sendo entregado á consellería en 1990.

Na actualidade, a súa operatividade quedou moi minguada pola obsolescencia do seu deseño e pola antigüidade e deterioración das súas máquinas e estructura, achándose o dito buque fondeado no porto de Vigo.

No mes de setembro de 2002 a Autoridade Portuaria de Vigo remitiu escrito a esta consellería facendo consta-la situación de infrautilización e deterioración do dito buque e a existencia de varios interesados na súa adquisición.

Á vista do anterior iniciouse expediente para o alleamento da dita embarcación, procedéndose segundo o sinalado nos artigos 34 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 94 e ss. do Regulamento para a súa execución, aprobado por Decreto 50/1989, do 9 de marzo, preceptos que atribúen a competencia para allea-los bens mobles da Comunidade Autónoma ó titular da consellería que os viñese utilizando (o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos neste caso), cando o seu valor non excedese de 60.200 A, como acontece coa devandita embarcación, taxada pola Secretaría Xeral e do Patrimonio en 24.161,03 A.

O alleamento articúlase a través do procedemento de contratación directa, tal e como permiten os arts. 34 e 35 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 94 a 96 do Regulamento para a súa execución, aprobado por Decreto 50/1989, do 9 de marzo, por se-lo valor de taxación da embarcación inferior a 60.200 A, e por existir razóns de abondo para acudir á modalidade de alleamento por contratación directa, toda vez que existe urxencia para retira-la embarcación do porto de Vigo, manifestada reiteradamente pola Autoridade Portuaria de Vigo, e porque cómpre axiliza-los trámites de alleamento para evita-la deterioración progresiva que está sufrindo a embarcación, que supón unha constante perda do seu valor.

En virtude do exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase o alleamento do buque Punta Fisterra a través do procedemento de contratación directa, de conformidade cos artigos 34 e 35 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 94 a 96 do Regulamento para a súa execución, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, ó se-lo seu valor de taxación inferior a 60.200 A, e por existir urxencia para retira-la embarcación do porto de Vigo, manifestada reiteradamente pola Autoridade Portuaria de Vigo, e para axiliza-los trámites de alleamento co fin de evita-la deterio

ración progresiva que está sufrindo a embarcación, que está a produci-la súa constante devaluación. O importe mínimo do dito alleamento será de 24.161,03 A.

Artigo 2º

Anúnciase o referido alleamento nas condicións indicadas no anexo á presente orde, cumprindo co disposto nos artigos 34.4º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 94.4º do Regulamento para a súa execución, aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, e tamén nos taboleiros das delegacións territoriais desta consellería e da Autoridade Portuaria de Vigo, para que os interesados presenten ofertas no prazo de 15 días hábiles, respectando o prazo mínimo establecido para o cumprimento de trámites polos interesados no artigo 76.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 3º

Os gastos derivados dos anuncios e demais que procederan serán por conta do adxudicatario do ben alleado.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Anuncio para o alleamento do buque Punta Fisterra, propiedade da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Embarcación denominada Punta Fisterra.

-Lugar de atraque: peirao do porto de Vigo, dársena nº 1.

-Orzamento mínimo/contía mínima da oferta: 24.160 A.

-Obtención de información sobre as características técnicas da embarcación: Servicio de Supervisión e Control. Domicilio:

Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos,

Edificio Administrativo San Caetano,

Santiago de Compostela, C.P. 15781,

Tfno. 981 54 40 65, fax 981 54 40 37.

-Lugar de presentación das ofertas: no rexistro da consellería de Pesca e Asuntos Marítimos en Santiago de Compostela (sito nos edificios administrativos do complexo administrativo de San Caetano, co domicilio anteriormente sinalado), en horas de oficina, ou por correo certificado dirixido á Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación (con idéntico enderezo). Cando as ofertas se remitan por correo, deberán xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó organo competente a remisión da oferta mediante telex ou telegrama no mesmo día. Sen a concorrencia de ámbolos dous requisitos, non será admitida a proposición se é recibida polo devandito

órgano competente con posterioridade á data na que remata o prazo sinalado no anuncio. Transcorridos, non obstante, cinco días naturais seguintes á indicada data sen se recibir a oferta, esta non será admitida en ningún caso.

-Forma de presentación das ofertas: presentaranse nun único sobre pechado, podendo estar lacrado, e irá acompañado da seguinte documentación:

a) Documentación acreditativa da personalidade:

*Empresarios individuais:

-Fotocopia compulsada do DNI da persoa titular ou propietaria da empresa. Expresaranse as circunstancias persoais e o domicilio actual.

*Persoas xurídicas:

-Fotocopia compulsada do CIF.

-Copia autenticada ou compulsada da escritura de constitución ou modificación, se é o caso, debidamente inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito sexa esixible conforme á lexislación mercantil. Se non o fose, copia autenticada ou compulsada da escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, se é o caso, no correspondente rexistro oficial.

b) Documentación acreditativa da representación: os que comparezcan ou asinen proposicións no nome doutro, deberán presentar copia compulsada do DNI do ou dos apoderados, ou documento que regulamentariamente o substitúa, do ou dos apoderados.

Se o poderdante fose unha empresa individual, xuntarase copia autenticada ou compulsada da escritura de poder notarial outorgada polo titular ou propietario da empresa.

Se o poderdante fose unha persoa xurídica, achegarase copia autenticada ou compulsada da escritura de constitución da sociedade, e modificación de se-lo caso, inscrita no Rexistro Mercantil, con aqueles particulares dos estatutos ou dos acordos sociais dos que se deduza a dita representación. Se esta non resultase unicamente daqueles, presentarase ademais escritura de poder notarial para xustificala, inscrita no Rexistro Mercantil.

Coa finalidade de xustificar adecuadamente a representación, o correspondente poder de representación deberá ter xustificada a súa suficiencia (verificación da suficiencia) por letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia.

c) Garantía provisional: os interesados na adquisición do buque deberán acreditar ter constituído unha garantía provisional mediante aval bancario ou seguro de caución polo importe do 2% do orzamento mínimo da oferta, co fin de garanti-la seriedade das ofertas, procedendo a súa incautación no caso de que o adxudicatario non cumpra coa oferta realizada.

d) Oferta económica: formalizarase por escrito seguindo o modelo que figura máis abaixo.

-Tódolos gastos que se deriven do alleamento (anuncios, impostos, arbitrios, taxas notariais, rexistrais, ou calquera outro) serán por conta do adxudicatario.

-Data límite para a presentación das ofertas: 15 días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-A embarcación poderase visita-la semana seguinte á da publicación deste anuncio en días laborables, luns a venres inclusive, en horario de mañá, de 10 a 12 horas, na dársena nº 1 do porto de Vigo onde está atracada.

MODELO DE OFERTA ECONÓMICA

Don/dona

con domicilio en

C.P. , provisto de DNI núm. expedido

en , con data , en nome propio ou en

representación de , CIF núm. ,

(a representación da cal acredita coa escritura de poder que, verificada a súa suficiencia en forma, presenta), sabedor da licitación por (invitación, prensa, publicación oficial, póñase data do documento en cuestión)

e das condicións e requisitos que se esixen para concorrer á adxudicación do contrato de alleamento deste ben moble,

DECLARA:

1º Que coñece as condicións que serven de base á convocatoria do citado contrato, e que as acepta incondicionalmente na totalidade do seu contido.

2º Que reúne todas e cada unha das condicións esixidas para contratar e que se compromete en nome (propio ou da empresa a que representa) a cumpri-lo contrato con estricta suxeición ós documentos citados de acordo coa seguinte oferta:

-Prezo (en letras e números)

3º Así mesmo, comprométese ó cumprimento das disposición vixentes en materia laboral, de Seguridade Social e de seguridade e saúde no traballo.

Lugar, data e sinatura do interesado