Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.699

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCION do 9 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 0004016/2003, interposto por María Esther Carballo Alcaine.

Con data 20 de marzo de 2003, a sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia notifica a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos a resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-adminis

trativo, procedemento ordinario 0004016/2003, interposto por María Esther Carballo Alcaine, contra a resolución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos do 18-10-2002 pola que se inadmite o recurso de alzada interposto contra a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Mariños do 25-11-1999, pola que se ordenou o fondeo das bateas Mapesvi I, Mapesvi II, Mapesvi III, Mapesvi IV e Mapesvi V nas cuadrículas nº 200, 201, 203, 204 e 205 do polígono A de Cambados.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do expediente administrativo á referida sala, cómpre emprazar a tódalas persoas interesadas no procedemento, para que poidan comparecer como parte en autos na Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños