Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.696

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da liña eléctrica, a 132 kV, Xinzo-Verín, así como o seu estudio ambiental e o proxecto sectorial. (Expediente IN407A 02/72-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Iberdrola Diversificación, S.A. de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da liña eléctrica de alta tensión, a 132 kV, que unirá as subestacións de Xinzo de Limia e Verín, o seu estudio ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación do territorio de Galicia; Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, e Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

2. Características básicas do proxecto.

a) Peticionario: Iberdrola Diversificación, S.A.

b) Enderezo: rúa Circunvalación nº 17, A Rúa (Ourense).

c) Datos técnicos: liña eléctrica aérea, a 132 kV, en circuíto simple, de 26.185 m de lonxitude, con conductor tipo LA-180 máis cable de fibra óptica e apoios metálicos de perfís angulares en celosía, tipos Olmo e Arce, con orixe no apoio nº 174 da liña Xinzo-San Cibrao e final na subestación de Verín; potencia de transporte: 97 MVA. A instalación transcorre polos concellos de Xinzo de Limia, Trasmirás, Cualedro, Monterrei e Verín, todos da provincia de Ourense.

d) Orzamento: 1.595.997,33 euros.

3. Estudio ambiental. O estudio ambiental sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no número 1, e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas; Direción Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións proviciais en Ourense, das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e de Medio Ambiente e nos concellos afectados.

4. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio afectado polo paso da instalación eléctrica, ó abeiro da lexislación indicada e do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

5. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º Ourense, tamén nos organismos citados no punto 3 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Ourense, 11 de abril de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense