Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Martes, 06 de maio de 2003 Páx. 5.695

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/45-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decre

to 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Senderiz, Barrán.

Situación: Piñor de Cea.

Descricións técnicas: centro de transformación aéreo de 50 kVA, R/T 20.000/380-220 V en Barrán, alimentado por acometida aérea a 20 kV, de 26 m derivada desde o apoio nº 29/1 da L.M.T. Piñor-Oseira. Redes de baixa tensión derivadas do C.T. Barrán e en Senderiz derivadas do C.T. Arenteiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de marzo de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense