Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución da reclamación presentada por Emilio Quintas Barrio referente á zona de concentración parcelaria de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e por ser devolta polo servicio de correos, notificaselle ó interesado cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, do 23 de xaneiro de 2003, pola que se desestima a reclamación presentada por el mesmo, Emilio Quintas Barrio, referente á zona de concentración parcelaria de Bustelo-Casasoá (Xunqueira de Ambía, Ourense).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: Emilio Quintas Barrio.

Domicilio: Fondo de Vila, 32679, Xunqueira de Ambía (Ourense).

Texto: desestima-la reclamación formulada por Emilio Quintas Barrio sobre os seus predios números 444 e 428, dado que figuran con 58-11 áreas e 51-65 áreas, respectivamente, polo que a tolerancia de erro é de 1-16 áreas e 1-03 áreas respectivamente, comprobándose que o defecto de superficie é de 0-60 e 0-61 áreas respectivamente, polo que non supera o 2 % legalmente establecido para ser obxecto de compensación (artigo 46 da Lei de concentración parcelaria para Galicia).

Contra esta resolución pode interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación.

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO