Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.616

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Infraestructuras Agrarias, pola que se notifica a resolución da petición presentada por José Alonso Alonso referente á zona de concentración parcelaria de Cartelle (Cartelle, Ourense), devolta polo servicio de correos.

Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola lei 4/1999, do 13 de xaneiro e, por ser devolta polo servicio de correos, notifícaselle ó interesado cos datos persoais e último domicilio coñecido que figuran no anexo, a parte dispositiva da resolución do Servicio Provincial de Infraestructuras Agrarias de Ourense, do 11 de febreiro de 2003, que desestima a petición formulada por el mesmo, José Alonso Alonso, referente á zona de concentración parcelaria de Cartelle (Cartelle, Ourense).

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

Alejandro Martínez-Geijo Nogueira-Soares

Director xeral de Infraestructuras Agrarias

ANEXO

Destinatario: José Alonso Alonso.

Domicilio: avda. de Castelao, 68-8º, 36001 Vigo, (Pontevedra).

Texto: visto o informe técnico emitido, visto o artigo 50.2º da Lei 12/2001, do 12 de setembro, de modificación da Lei de concentración parcelaria de Galicia (Lei 10/1985, do 14 de agosto) e demais disposicións legais de aplicación ó caso, esta xefatura provincial resolve non acceder á súa solicitude por ter sido declaradas firmes as bases definitivas o 23 de xullo de 1999.

Contra esta resolución pode interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da recepción da presente notificación.