Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.613

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2003 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun contrato de consultoría e asistencia para a realización dun estudio sobre a determinación de potencias de desenvolvemento de centros comerciais urbanos en varios concellos da Comunidade Autónoma de Galicia 3ª fase. (Expediente 2/2003 DXC).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

Número de expediente: 2/2003 DXC.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: realización dun estudio relativo á determinación do potencial das principais zonas comerciais existentes nunha serie de concellos galegos para configurarse como centros comerciais urbanos.

Prazo de execución: tres meses contados desde o día seguinte á sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 89.111 euros, IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación do contrato (1.782,22 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet, http://www.xunta.es/contratacion

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia: será requisito indispensable para contratar que o empresario xustifique a súa solvencia económico-financeira de conformidade co artigo 16.1.a) e c) do TRLCAP, mediante os seguintes medios: informe das institucións financeiras e declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Se por razóns xustificadas un empresario non pode facilita-las referencias solicitadas, poderá acreditra-la súa solvencia económica e financeira por calquera outra documentación considerada suficiente pola Administración.

Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, de conformidade co artigo 19.a) e b) do TRLCAP, mediante a presentación das titulacións académicas e profesionais dos empresarios e do persoal de dirección da empresa e, en particular do persoal responsable da execución do contrato e por medio dunha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

Lugar de presentación:

Entidade: Rexistro da Secretaría Xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme co artigo 89 do TRLCAP.

Admisión de variantes (concurso): non se admiten.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano s/n, bloque 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura das proposicións caera en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

9. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2003.

P.D. (Orde 21-1-2003, DOG nº 17)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Innovación,

Industria e Comercio