Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: Gabino Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.
Denominación: L.M.T. e C.T. edf. Esther r/ Fernández de la Mora.
Situación: concello de Ponteareas.
Descricións técnicas: C.T. de 630 kVA, R.T. 20 kV-220/380 V, con L.M.T. subterránea de acometida, a 20 kV, de 240 m de lonxitude, no edf. Esther na rúa Fernández de la Mora, no concello de Ponteareas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 4 de marzo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra