Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a tramitación urxente do concurso público para a contratación dos servicios dun experto en deseño e desenvolvemento de ferramentas para a análise automática do galego actual.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato consistente nos servicios dun experto arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, estrada Santiago de Compostela a Noia, km 3, A Barcia, teléfono 981 54 25 39, faise público:

1. Obxecto: desenvolvemento de ferramentas para a análise automática do galego actual.

2. Forma de adxudicación: procedemento aberto, mediante concurso, polo trámite de urxencia.

3. Orzamento: 41.830,56 euros, IVE incluído.

4. Requisitos dos licitadores: os especificados nos puntos 6 e 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Proposicións: de acordo co que se especifica no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares, a documentación será presentada no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo de 8 días naturais contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

6. Apertura de proposicións: a apertura de ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na Dirección Xeral de Política Lingüística, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ás dez horas do terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións;

se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2003.

Xesús P. González Moreiras

Director xeral de Política Lingüística