Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Luns, 05 de maio de 2003 Páx. 5.600

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais, a Isabel Rivas Barrós.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulga-lo concurso que convocou esta universidade por Resolución do 24 de outubro de 2001 (BOE do 19 de novembro), para a provisión da praza número 01/071 de profesor titular de universidade

da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais desta universidade, a favor de Isabel Rivas Barrós, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos ós que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

Este rectorado, no uso das atribucións que lle confire o artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Isabel Rivas Barrós profesora titular de universidade da área de coñecemento de teoría e historia da educación, do departamento de Pedagoxía e Didáctica das Ciencias Experimentais desta universidade.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña