Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (PDU-2/2002).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento refundido do proxecto de urbanización do polígono H10.02 rúa Abegondo, promovido pola comisión xestora do polígono.

Segundo.-Requiri-la comisión xestora para que constitúa unha fianza por importe de 12.176 (doce mil cento setenta e seis) euros, en concepto de garantía de execución das obras de urbanización, como requisito previo inescusable para o comezo das obras de urbanización; as ditas obras comezarán coa sinatura da acta de comprobación de replanteo.

Terceiro.-Ordena-la publicación deste acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Notificar este acordo á comisión xestora do polígono.

Quinto.-Comunciar ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, dándolle traslado dunha copia do acordo de aprobación definitiva.

Sexto.-Dilixenciar cantos elementos integran o proxecto de urbanización definitivamente aprobado.

Este acordo pon fin á vía administrativa, podendo interpor contra el, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeal coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 3 de abril de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo