Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD 2/2002).

O Pleno do Concello, en sesión realizada o día 10 de marzo de 2003, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle co obxecto de ordena-lo volume necesario para efectua-lo remate das medianeiras existentes na esquina da praza de María Pita, cara á rúa San Agustín, promovido por Nostrus Iniciativas Familiares, S.L.

Segundo.-Publicar este acordo no DOG e no BOP e comunicarlle a aprobación ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, todo iso para facer efectivo o previsto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-Notificarlle o acordo de aprobación definitiva ó promotor do estudio de detalle.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición perante o órgano que o dictou, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; todo iso de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento

administrativo común, en relación co artigo 46 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, do 13 de xullo de 1998, sen prexuízo de calquera outro que estime pertinente.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos neste acordo.

A Coruña, 25 de marzo de 2003.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo