Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de residuos OU-076/2002-RE, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta dele

gación provincial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou propostas de proba que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial desta consellería, para a resolución do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin o expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda, farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 31 de marzo de 2003.

Rita Sarria Hermida-Cachalvite

Instructora

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-076/2002-RE.

Denunciado: José Ramón Fiz Rodríguez.

DNI: 76721155.

Último enderezo coñecido: r/ San Sebastián, 19. 32630 Xinzo de Limia. Ourense.

Feito denunciado: vertido de pedras procedentes do derrubamento dunha casa.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 34.4º c) en relación co artigo 34.3º b) da Lei 10/1998, do 21 de abril, de residuos.

Sanción: 300,51 euros e a obriga de repoñe-las cousas ó seu estado anterior á infracción.