Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador de animais relacionado no anexo e de referencia OU 07/2002-AN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución do expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre animais 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 75, do 22 de abril).

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos, particípolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo de conformidade co establecido no Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o director xeral de Conservación da Natureza, de conformidade co disposto no artigo 24.2º b) da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade en relación co Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial en Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 31 de marzo de 2003.

Agustín Prado VerdealMíriam Areal López

Delegado provincial de OurenseInstructora

ANEXO

Expediente nº/ano: OU 07/2002-AN.

Denunciado: Dionisio Tejero Silva.

DNI: 71503272-K.

Último enderezo coñecido: r/ Outeiro, s/n, Entoma, 32300 O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito denunciado: atoparse nun canil 12 cans en malas condicións e 3 máis fóra dela, extremadamente delgados así como varios deles con síntoma de estar gravemente enfermos ó ter feridas e non poder case camiñar. O canil desprende un cheiro inaguantable, está cheo de excrementos dos animais, carecendo de auga corrente e incluso pódese observa-lo cadáver dun can morto.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 21.1º f) da Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade en relación co artigo 25 a), b), c) e artigo 29 g) do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a devandita lei.

Sanción: 1.202,02 euros e a incautación dos animais.