Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-59/2001 e dous máis.

Intentadas as notificacións directas ás empresas operadoras e ós titulares dos establecementos, en

relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo, que se relacionan na folla anexa, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral, resolve ó abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, proceder á notificación da dita resolución mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra as presentes resolucións, que esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer, recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as dictou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de acordo co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Comunícaselle ós interesados que teñen un prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución, para efectua-lo pagamento da sanción no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín facendo consta-lo número do expediente sancionador. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro).

Queda sen efecto a Resolución do 10 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-59/2001 e nove máis.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

Exp.

Empresa operadora/titular

Enderezo

CIF/NIF

Data

resolución

Tipificación

Importe

Establecemento

C/C para ingresar

Precepto

infrinxido

C-59/2001Juan José Míguez Celar/ Sixto Marrozo, 7, Santiago de Compostela

(A Coruña)

33292126-V26-2-2002Grave601,02 AA tasca de Benito

R/ Sixto Marrozo, 7, Santiago de Compostela (A Coruña)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29 i)

da Lei 14/1985

C-79/2001Charada Carballo, S.L.R/ Fomento, 25, Raxeira, Carballo

(A Coruña)

B-1569798021-3-2002Grave601,02 ACharada

R/ Fomento, 25, Raxeira, Carballo

(A Coruña)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29 i)

da Lei 14/1985

P-17/2001Neras Hotel, S.L.r/ Camposancos, 372, Coruxo-Vigo

(Pontevedra)

B-3630530812-11-2001Grave601,02 APub Barbarela 2

Coruxo-Rotelas-Vigo (Pontevedra)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Artigo 29 i)

da Lei 14/1985