Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 198/2002, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de marzo de 2003, a delegada provincial da Consellería de Sanidade da Coruña dictou resolución do expediente sancionador nº 198/2002 incoado na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade da Coruña a Pescados Saúl e Hijos, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Pescados Saúl e Hijos, S.L. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consulta-lo expediente, depositado nas dependencias desta delegación, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que se debe efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, cta. contable 840. Código 001 ou na Caixanova Recadación Xunta: modelo XTAX e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta delegación provincial. O pagamento voluntario porá fin ó expediente. De non facelo así, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente 198/2002.

Denunciado: Pescados Saúl e Hijos, S.L.

Último enderezo coñecido: Serantes. Pazos, 143. Ferrol.

Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia de manipulación de alimentos.

Precepto/s infrinxido/s: artigo 35.A.3 da Lei 14/1986, xeral de sanidade; artigos 2.1º.1; 2.2º e 3.3º.6 do Real decreto 1945/1983, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: 90,15 euros. Noventa euros con quince céntimos.