Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica a resolución de baixa da explotación P-3/18805 no Rexistro de Explotacións de Porcino Industrial.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó propietario da explotación de porcino industrial, cos datos persoais e último domicilio coñecido que se sinala a continuación, a resolución de baixa no Rexistro de Explotacións de Porcino Industrial, acordada polo delegado provincial da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural de Lugo, en data 5 de marzo de 2003, en aplicación do disposto no artigo 7 do Real decreto 324/2000, que regula o Rexistro Estatal de Explotacións Porcinas e o Rexistro de Explotaciones Porcinas das Comunidades Autónomas. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula.

Lugo, 26 de marzo de 2003.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Titular: Eduardo Sanjurjo Aler.

DNI: 32353139.

Último enderezo coñecido: Cuadramón-Porto do Río. O Valadouro (Lugo).

Motivo da publicación: devolto polo servicio de correos por ser descoñecido o destinatario neste enderezo.