Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/126-2, 5921 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación Lousada.

Situación: Xermade.

Descricións técnicas:

-L.M.T. a 20 kV de 587 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a Lousada e final en C.T. de Teixido.

-L.M.T. a 20 kV de 86 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a Lousada e final en C de Campo da Feira.

-L.M.T. a 20 kV de 32 m de lonxitude conductor tipo LA-56 con orixe en L.M.T. a Lousada e final en C.T. Sumerio.

-3 C.T.A. de 160 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

-R.B.T. de 5.500 m de lonxitude e conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 13 de marzo de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo