Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: BEGASA.
Domicilio social: Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.
Denominación: L.M.T. subt. C.T. de 630 kVA e R.B.T. subt. r/ Misericordia.
Situación: Viveiro.
Descricións técnicas:
-L.M.T. subterránea a 20 kV con 130 m de lonxitude conductor tipo R.H.Z.1, con orixe en C.T. de Montemá e final en C.T. de rúa Misericordia.
-C.T. de 630 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.
-R.B.T. subterránea con 200 m de lonxitude e conductor tipo R.V. con orixe en C.T. rúa Misericordia e final en edificio rúa Misericordia.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Lugo, 12 de marzo de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo