Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Venres, 02 de maio de 2003 Páx. 5.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/396).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: modificado I L.M.T. a C.T. Casiña-Devesa (expediente 14729).

Situación: Vimianzo.

Descricións técnicas: recuamento liña eléctrica de media tensión aérea a 20 kV denominada a C.T. Casiña-Devesa autorizada no expediente 14729, por motivo do movemento de apoios dela pola realización de pistas de concentración parcelaria na zona Cereixo. Concello de Vimianzo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 14 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña