Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica del Zarzo, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: modificado I L.M.T.S., C.T.C. r/ Río Eume, nº 5.
Situación: Pontedeume.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 340 m de lonxitude, con orixe en cela do C.T. Ricardo Sánchez e final que se conecta na liña a C.S. asilo unha vez que entre e saia do C.T.C. en r/ Río Eume, 5, para instalar.
Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en r/ Eume, nº 5. Concello de Pontedeume.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 14 de marzo de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña