Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.489

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 25 de marzo de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación do monte Cachadeiras da parroquia de Mourente do concello de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente:

José A. López Rodríguez (Delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Mª Luisa Pardavila Pazos (avogada polo colexio da provincia).

Manuel Francisco Gutierrez (Xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Vocais representantes da parroquia de Mourente do concello de Pontevedra:

Manuel Solla Tomé, Carlos Morgade.

Secretaria:

Pilar Pita Ponte (Xefa de sección do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día 20 de febreiro do 2003, coa asistencia das persoas na marxe indicadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación do monte Cachadeiras da parroquia de Mourente do concello de Pontevedra.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Manuel Solla Tomé, solicitou con data 13-5-1999, a iniciación dos trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte Cachadeiras da parroquia de Mourente do concello de Pontevedra.

Segundo.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais na súa reunión do 8-2-2002 acordou inicia-los trámites para a clasificación, así como a remisión do expediente ó Servicio de Montes e Industrias Forestais co obxecto de elabora-lo informe preceptivo, nomeándose como relatora a Mª Luisa Pardavila Pazos.

Terceiro.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procede a apertura do trámite de audiencia formulándose alegacións por parte de Bernardo Couto López alegando que o monte obxecto deste expediente de clasificación comprende un predio da súa propiedade, aínda que non achega ningunha proba, nin tan sequera a descrición nin a planimetría.

Fóra do trámite de audiencia o solicitante presentou alegacións sinalando que a descrición da parcela contén un erro no lindeiro oeste derivado do propio escrito de solicitude que sinalou a estrada a Bora cando en realidade linda con propiedades particulares.

Cuarto.-Visto o informe previo, o informe preceptivo do Servicio de Montes e Industrias Forestais, así como as alegacións formuladas, o monte obxecto deste expediente de clasificación, obedece á seguinte descrición:

Concello: Pontevedra.

Parroquia: Mourente.

Nome: Cachadeiras.

Cabida: 2.015 m.

Lindes:

Norte: estrada CN-541.

Sur: camiño veciñal.

Leste: muro que a delimita de propiedade particular.

Oeste: propiedade particular.

Este monte atópase atravesado en dirección norte/sur pola estrada a Bora. A superficie desta estrada tense descontada da cabida sinalada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo.-De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

Terceiro.-O uso en man común do monte Cachadeiras acreditouse suficientemente polos informes do Servicio de Montes e Industrias Forestais, principalmente o informe do 3 de xaneiro do 2000, sen embargo, segundo os devanditos informes ten que ser deducida da cabida do monte a superficie correspondente á estrada a Bora, de uso público e polo tanto incompatible co aproveitamento veciñal.

Así mesmo, deben acollerse as alegacións da comunidade de montes solicitante, só no extremo relativo á constatación dun erro na descrición do lindeiro oeste.

Non poden, sen embargo, terse en consideración as manifestacións de Bernardo Couto López, pola súa ambigüidade e porque non se sustentan en ningunha clase de proba en contra do uso comunal.

En consecuenciaa, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación, o instructor propón e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

Clasificar como veciñal en man común o monte Cachadeiras, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Mourente do concello de Pontevedra, correspondéndose coa

descrición reflectida no feito cuarto e a planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, que forma parte inseparable desta resolución.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 25 de marzo de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra