Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador PO-I-03/031 e outro maís (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador PO-I-03/031 e un máis, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Santiago Camarero Merino podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente neste servicio técnico xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou pro

posta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 2 abril de de 2003.

José Antonio López Rodríguez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-03/031.

Denunciado: Mohammed El Fakihi.

Último enderezo coñecido: Paredes, 39 (Casa Carmen), 36141 Vilaboa.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 300,51 euros.

Expediente: PO-I-03/053.

Denunciado: Manuel Domínguez Vidal.

Último enderezo coñecido: Revolta, 5, Noalla, 36990 Sanxenxo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo en zona forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e) do regulamento da LIF.

Precepto sancionador: artigo 139 do regulamento da LIF.

Sanción: 330,51 euros.