Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.475

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (349/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, da fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 349/2002, por instancia de Antonio González Millán contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Instituto Social da Mariña, Mutua Universal, Patronal Nascentia Internacional, S.L., e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, sobre incapacidade nos que recaeu sentencia con data do 13-2-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que, estimando a demanda formulada por Antonio González Millán, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, o Instituto Social da Mariña, a Mutua Universal, a Patronal Nascentia Internacional, S.L. e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro que o demandante se encontra na situación legal constitutiva de invalidez permanente parcial, na súa profesión habitual de primeira oficial máquinas, derivada do accidente de traballo, co dereito ó aboamento dunha cantidade a tanto alzado, consistente en 24 mensualidades da

súa base reguladora de 2.450,87 euros, condenando á Mutua Universal ó seu aboamento na contía, forma e efectos regulamentarios e o Instituto Nacional da Seguridade Social e á Tesourería Xeral da Seguridade Social nas súas respectivas responsabilidades. Absolvo a empresa Patronal Nascentia Internacional, S.L.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Patronal Nascentia Internacional, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 27 de marzo de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado