Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Mércores, 30 de abril de 2003 Páx. 5.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lles dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio 2002 e ás listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para o ano 2002, e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 2 das normas xerais de procedemento que rexen para o fondo de acción social do ano 2002, publicadas por Resolución do 16 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 30 de setembro), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez transcorrido o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 1 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 46, do 6 de marzo) e da Resolución do 18 de marzo de 2003 (Diario Oficial de Galicia nº 57, do 21 de marzo).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da mesa xeral de negociación e ó disposto na Resolución do 16 de setembro de 2002, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2002.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo de axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación907428479628.996,63 A

Diminuídos57951564650.956,81 A

Fillos menores7.5027.0124901.494.810,83 A

Tipo de axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Estudios traballador1.348744604158.752,06 A

Estudios fillos20.10218.0282.0741.364.600,49 A

Vivenda734595139785.234,53 A

Total31.17227.3223.8505.083.351,35 A

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA