Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

EDICTO sobre a convocatoria do concurso para a contratación do servicio de limpeza do Colexio Público e Polideportivo de Samos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Samos. b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de limpeza do Colexio Público e Polideportivo de Samos.

b) Lugar da prestación: Samos.

c) Prazo da prestación do servicio: dous anos máis outros dous de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 5.315,04 euros anuais.

5. Garantías.

Provisional: 106,30 euros.

Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Samos. b) Domicilio: praza de España, s/n. c) Localidade e código postal: Samos 27620. d) Teléfono: 982 54 60 02. e) 982 54 61 22. f) Data límite da obtención de documentos e información: o oitavo día natural (oito días naturais), desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidese con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das proposicións.

a) Data límite de presentación: o oitavo día natural (oito días naturais) desde o seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG (se o último día do prazo coincidise con sábado, domingo ou con festivo, prorrogarase ata o seguinte día natural non festivo).

b) Documentación que integrará as ofertas: a que se indica na cláusula correspondente das do prego que rexe a contratación.

c) Lugar de presentación: (mesmos datos do punto 6).

d) Prazo durante o cal o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a sinatura do contrato.

e) Admisión de variantes: admítense as que supoñan unha mellora do obxecto da contratación, sempre que se cumpran as previsións do prego de cláusulas que rexe na contratación.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día natural seguinte ó da finalización do prazo para presentar proposicións salvo que coincida con sábado, domingo ou festivo, suposto no cal a licitación terá lugar o primeiro día natural posterior.

b) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

a) Criterios de valoración: os que se sinalan nas bases de contratación.

b) Aprobación expediente contratación: Comisión de Goberno de data 24-3-2003.

c) Consulta documentación: no concello. Teléfono: 982 54 60 02.

11. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Samos, 25 de marzo de 2003.

O alcalde

Rubricado