Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MORAÑA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Moraña. Expediente 3/2003.

2. Obxecto do contrato: execución das obras do proxecto de acondicionamento de terreos polígono industrial Mirallos.

3. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 79.473,38 euros.

5. Garantías: provisional: 1.589,47 euros. Definitiva: 4%.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Moraña, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vintesies días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase consonte o seguinte modelo:

«Don/Dona..., con DNI número..., expido en..., con data..., en nome propio (ou en representación de..., como acredita por...), informado da convocatoria de concurso polo procedemento aberto, anunciado no Diario Oficial de Galicia número..., de data..., toma parte no mesmo comprometéndose a realiza-la obra de acondicionamento de terreos para polígono industrial Mirallos, no prezo de... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido, consonte o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas que acepta integramente. Lugar, data e sinatura».

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Moraña, ás 12 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Moraña, 31 de marzo de 2003.

José A. Eiras Paz

Alcalde