Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por Decreto de Alcaldía, do 11 de abril de 2003, o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de rede de sumidoiros, pluvais e fecais en diversos puntos da Guarda-Pintán-Salcidos-Brandián, que se expoñen ó público durante oito días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda; praza do Reló s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00, fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudica-las obras de rede de sumidoiros, pluviais e fecais en diversos puntos da Guarda-Pintán-Salcidos-Brandián.

Tipo de licitación.

Oitenta e nove mil cincocentos noventa e catro euros con trinta e tres céntimos (89.594,33 euros), IVE incluído.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto urxente.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, das 9 ás 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG das nove ás trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo segunda do prego de cláusulas administrativa-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 11 de abril de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde