Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2003 Páx. 5.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación inicial de bases e estatutos e información pública do proxecto de compensación, polo procedemento abreviado, para a xestión do ámbito territorial sometido a ordenanza de transformación 7º F10.01, lugar de Marzán. (Expediente 16/2002).

A Alcaldía-Presidencia, con data 20 de marzo de 2003, dictou a seguinte resolución:

«Primeiro.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado para a xestión do ámbito territorial sometido a ordenanza de transformación 7º F10.01 lugar de Marzán.

Segundo.-Someter a información pública o proxecto de compensación do ámbito territorial sometido a ordenanza de transformación 7º F10.01 lugar de

Marzán para efectos de que os interesados poidan presenta-las alegacións que consideren pertinentes».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril) advertindo ós interesados de que o expediente se atopa ó seu dispor nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na rúa do Parque, s/n, de luns a vernes durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e facer cantas alegacións queira na defensa dos seus dereitos.

Así mesmo, comunícase que as cuestións referentes a eles poderanse ver das 12 ás 14 horas de luns a venres, tempo no que serán atendidas polo persoal do servicio.

A Coruña, 26 de marzo de 2003.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda