Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.382

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 28 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica trámite de audiencia.

Pola presente cédula notifícaselle a Esperanza Iglesias Caamaño, con último domicilio coñecido no Castro-Vilaboa, Culleredo (A Coruña), o seguinte:

No escrito de recurso contra as bases definitivas da concentración parcelaria de Ardemil (Ordes-A Coruña) interposto por José Moar Blanco, este solicita que se lle recoñeza a propiedade da parcela nº 600 do polígono 12 das citadas bases definitivas.

De acordo co disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comunícolle que o expediente está á súa disposición nas dependencias do Servicio Xurídico Administrativo desta delegación provincial e que, durante o prazo de 10 días contado desde o seguinte ó da data da publicación desta cédula, poderá vostede face-las alegacións e presentar cantos documentos e xustificacións teña por convenientes.

En concreto, deberá presentar no mencionado prazo orixinal ou copia compulsada da documentación acreditativa da titularidade da referida parcela, para os efectos de determinar (unha vez examinada tamén a documentación achegada por José Moar Blanco) a quén lle corresponde a súa propiedade.

A Coruña, 28 de marzo de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña