Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.381

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 10 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/90-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., R.B.T., C.T. Portal II.

Situación: concello de Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, con conductor tipo R.H.V., de 590 m de lonxitude, desde o apoio 7 da derivación ó C.T. Portal e remate no C.T. proxectado, Portal II, de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, en Portal, Santo André de Valadares, concello de Vigo. Dúas R.B.T., unha aérea de 450 m de lonxitude e outra subterránea de 50 m, ambas con orixe no C.T. Portal II.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA

E DESENVOLVEMENTO RURAL