Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Louriño.
Situación: concello de Mos.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., de 1.000 m de lonxitude, desde o apoio da derivación ó C.T. Cabaleiros ata o C.T. proxectado, de 160 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, en Louriño, San Mamed de Torroso, no concello de Mos. R.B.T. de 50 m de lonxitude, con orixe no C.T. Louriño.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 10 de marzo de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra