Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Luns, 28 de abril de 2003 Páx. 5.380

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/103-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Siresa Noroeste, S.A. (Residencia estudiantes).

Domicilio social: r/ A. Rodríguez Castelao, 20, 32000 Ourense.

Denominación: C.T. Residencia de estudiantes.

Situación: r/ A. Rodríguez Castelao, 20 Ourense.

Características técnicas: centro de transformación en semisoto do edificio residencial, con trafo de 630 kVA. R/T 20.000/380-220 V alimentado por liña subterránea a 20 kV en conductor R.H.Z.1 12/20 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 4 de outubro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense