Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 25 de abril de 2003 Páx. 5.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación do contrato do servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades dos centros sanitarios deste complexo hospitalario (C.P. 31/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 6 da Orde do 14 de marzo de 2002 (DOG. nº. 66, do 5 de abril) da Consellería de Sanidade, e en cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acorda dar publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, núm. 52, 32005 Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.

c) Número de expediente: C.P. 31/2002.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: servicio de recepción, almacenaxe, traslado e distribución de productos e mercadorías con destino ás distintas unidades dos centros sanitarios do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Datas de publicación: Diario Oficial de las Comunidades Europeas do 13-12-2002; Boletín Oficial del Estado do 20-12-2002; Diario Oficial de Galicia do 2-1-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: 531.600 euros (IVE incluído).

5. Adxudicación:

a) Data: 14 de marzo de 2003.

b) Adxudicatario: Mantenimiento y Conservaciones Ibéricas, S.L. (Maconsi).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 531.500 euros (IVE incluído).

e) Período de execución do contrato: 2 anos.

6. Data de envío do anuncio: 31 de marzo de 2003.

7. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 21 de marzo de 2003.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense