Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 24 de abril de 2003 Páx. 5.236

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO MUNICIPAL DE DEPORTES DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado pola Xunta Rectora do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra o 27 de febreiro de 2003 o prego único de prescricións técnicas e de cláusulas administrativas particulares que rexerán no procedemento aberto para adxudicación mediante concurso da concesión da xestión e explotación do bar do campo de fútbol de herba sintética da Xunqueira, faise público o resumo das súas características:

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra do Concello de Pontevedra.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adxudicación do contrato administrativo para a xestión e explotación do bar do campo de fútbol de herba sintética da Xunqueira.

Lotes: non.

Prazo: o contrato terá unha duración de cinco anos, contados desde a data de subscrición do contrato.

Obras a executar: para o arranxo do local destinado a bar o adxudicatario está obrigado á execución, pola súa conta, de cantas obras resulten necesarias para a posta en funcionamento do bar en condicións de uso normal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

O contrato adxudicarase mediante concurso público con procedemento aberto. O réxime contractual e administrativo.

4. Prezo tipo.

O prezo tipo mínimo do contrato fíxase en setecentos vinte euros (720 euros) por ano, sesenta euros (60 euros) mes.

5. Garantía provisional.

Cincocentos euros (500 euros).

6. Obtención de documentación e información.

Os interesados teñen á súa disposición, ata tres días antes do remate do prazo de presentación de proposicións, nas oficinas do Instituto Municipal de Deportes sitas no Pavillón Municipal de Deportes (domicilio: rúa Juan Manuel Pintos, s/n, apartado 16. 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 87 20 12/13; fax: 986 87 20 12; e-mail: imdpontevedra*terra.es) toda a documentación referida á presente contratación, debendo aboar para a súa obtención 2 euros.

7. Requisitos específicos do contratista.

Están capacitados para contrata-las persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non se atopen comprendidas nalgunha das circunstancias expresadas do artigo 20 da Lei de contratos das administracións públicas, segundo resulte dos seus respectivos estatutos ou regras, a súa solvencia económica, financeira, técnica e dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato.

8. Presentación de proposicións.

As proposicións para tomar parte no concurso presentaranse de 9 a 13 horas no rexistro do Instituto Municipal de Deportes, no prazo de vinteseis días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar:

-Sobre A, subtitulado «Documentación administrativa» e conterá a documentación esixida no punto 15 a), 15 b), 15 c) e 15 d).

-Sobre B, subtitulado «Oferta económica» e conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura de ofertas.

Lugar: sala de xuntas da casa do concello (praza de España, s/n).

Data e hora: 12 h del día seguinte hábil ó de terminación do prazo sinalado para a presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario os gastos dos anuncios que xere o concurso e os seus actos preparatorios.

Pontevedra, 12 de marzo de 2003.

Demetrio Gómez Junquera

Presidente do Instituto Municipal de Deportes

de Pontevedra